Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

Actividades no CSIC

Imaxe
BIODIVERSIÓN No primeiro trimestre visitamos o Centro Superior de Investigacións Científicas ( Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia ) para realizar catro experiencias que resultaron altamente motivadoras para o alumnado pois en todas elas participaron activamente. 1ª Experiencia:  Extracción de ADN: O grupo de Microbioloxía do solo centra a súa experiencia no ADN e na súa extracción utilizando unha peza de froita e produtos que forman parte da vida cotiá. 2ª Experiencia: -Cambio climático: O grupo de Bioquímica e calidade do solo centra a súa actividade no el dióxido de carbono e nos efectos dos incendios forestais no solo. 3ª Experiencia: -Cultivo in vitro de especies leñosas: O grupo de Biotecnoloxía de especies leñosas centra a súa experiencia en que os asistentes coñezan as distintas fases do cultivo in vitro e que realicen eles mesmos a fase de multiplicación dos explantos. 4ª Experiencia -Xerminación e elongación radicular: O grupo de Enzimoloxía d